Mullerenaxe a Maruxa e Coralia 2017

Data: 
Tue, 18/07/2017 - 14:00
Local: 
Libraría de Mulleres Lila de Lilith - Rúa Travesa nº 7 - Santiago de Compostela

Máis un ano convocamos (en réxime de autoconvocatoria) a todas as persoas de ben que queirades achegarvos rendir "mullerenaxe" as irmás Maruxa e Coralia, no aniversario do fatídico e atroz comezo do terror, hai xa 81 anos. Este ano, ademais de vir e traer flores vermellas e lilás, tamén vos queremos convidar a que veñades con moita cor na roupa e, se queredes, tamén na maquillaxe. Elas pintaban de cor unha Compostela moi gris e nós tamén o podemos facer para lembralas a elas. A través de las lembramos que houbo moitas formas de horríbel represión, mas tamén moitas formas de resistencia.

evento: https://www.facebook.com/events/1579460795449629/