Concerto solidario co Ateneo Libertario Xosé Tarrío

Data: 
Sat, 26/08/2017 - 21:00
Local: 
Cso A Insumisa - Avda Metrosidero 8 - Corunha

O sábado 26 de agosto ás 21:00 terá lugar este concerto co obxectivo de recadar cartos para axudar a manter o Ateneo Libertario Xosé Tarrío, un centro social autoxestionado situado na Rúa La Paz nº 16, no barrio dos Mallos que leva máis de dous anos aberto e onde se realizaron varios tipos de actividades (proxeccións, charlas, debates, talleres, comedores) e onde hai unha biblioteca chea de obras que tocan diversas loitas (anarquismo, feminismo, liberación animal, movemento obreiro, movemento anticarcelario). Tamén serve de lugar de reunión para distintos colectivos da cidade como son Nais Contra a Impunidade ou Stop Desahucios.

As bandas que tocarán son as seguintes:

Ocre: este é un proxecto individual que nada entre o pop, o electro e o kraut. Cando Ocre soa só queda relaxarse e deixarse levar.

https://discosdekirlian.bandcamp.com/album/torpe

Prototipo Pornográfico: banda coruñesa de folk-punk/punk acústico composta de voz, violín guitarra e caixón.

https://pornotipo.bandcamp.com/releases

Playa Desmayo: bo exemplo de como meter caña e ser a festa sendo só dúas persoas (guitarra e batería). Surf-punk/garage para rematar a noite bailando.

https://playadesmayo.bandcamp.com/releases

evento: https://www.facebook.com/events/121262668499423/