Festivala: Mulleres creando

Data: 
Sat, 09/06/2018 - 00:56
Local: 
Vilagarcía de Arousa - Pontevedra - Galiza

“Se non podo bailar, a túa revolución non me interesa”. Emma Goldman

#Festivala é un festival organizado e protagonizado por mulleres.

Porque queremos denunciar o androcentrismo nos festivais de música, na arte, no deseño, na literatura, nos medios de comunicación.

Porque queremos denunciar a invisibilización das mulleres, unha violencia que nos deixa sen referentes.

Por que queremos loitar a prol da igualdade real, visibilizar o invisibilizado;
e tamén queremos bailar!

Temos un feixe de actividades preparadas, concertos, teatro, recitais, obradoiros, feira...
Esperámosvos!

Avante Festivala!